ESCUELA VAGALUME

www.teatrovigo.es

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

CURSO PARA ANIMADORES SOCIOCULTURALES


Proyecto: Obradoiros de animación teatral para as/os animadores socioculturais dos centros da 3ª idade.

Introducción:

Dada a avanzada idade das persoas que compoñen o grupo social ó que nos vamos referir, coas limitacións físicas e psíquicas que lles son propias, hai unha  marcada tendencia a “excluílos” de determinadas actividades que poidan conlevar un traballo activo pola súa parte,esquecendo que, se ben non as poderían realizar ó ritmo dunha persoa nova, sen embargo sí poden levalas a cabo ó seu propio ritmo, tomando así este tipo de actividade unhas características especiais.
O feito de entender e captar ese ritmo e ser capaz de ofrecer e dirixir propostas dacordo con el,  é tarefa non doada que precisa do coñecemento do medio e dunha formación en cuestións de animación encaradas específicamente para este fin.

Os centros:

Son moitos os centros sociais,  repartidos por toda a nosa xeografía, os que acollen  un número moi importante de anciáns. Nestes centros teñen a posibilidade de relacionarse con persoas da súa idade, de ocupar o seu tempo en actividades diversas e aprender nos cursiños e obradoiros programados. Bótanse en falta, sen embargo, actividades creativas coas que poidan saír do cotiá, creando relacións distintas entre elas e eles e co seu entorno, expresarse con outras formas de linguaxe, non por moi coñecidas, si raramente utilizadas. Son linguaxes que  flúen das máis fondas raíces culturais : a música, o canto, os bailes, as lendas e contos populares, etc.

As/os animadores socioculturais:

Tódolos centros contan, como mínimo, cun animador ou animadora sociocultural que programa e organiza as actividades que se desenvolven no centro.
De entre eles, son escasos os que teñen coñecementos deste tipo de animación teatral, tendo, sen embargo, a maioría un grande interese en aprender, cando menos, as bases sobre as que poder traballar e aplicalo, mái adiante, coas persoas coas que realizan o seu labor a cotío.

Obxetivos do programa:

O obxetivo prioritario é o traballo que se vai realizar cos animadores e animadoras socioculturais ; preténdese, con este traballo, propoñer prácticas que elas e eles levarían a cabo posteriormente e coas que se busca :

Transformar o cotiá no creativo:

  • O espacio: mediante elementos que lle dean unha apariencia diferente : guirnaldas, teas, cordas, flores, velas, etc. Todo aquilo que serva para converter un espacio coñecido e habitual noutro distinto e provocador de sensacións alleas á súa cotidianeidade.
  • Os obxetos : ser capaz de coverter un obxeto de uso cotiá nalgo distinto que serva para entablar unha nova relación entre eles, por exemplo os vasos, os asentos, os cubertos, xornais, etc.
  • A sí mesmas/os : transformarse, converterse noutros ou noutras, dar vida a personaxes inventadas ou coñecidas,ou, simplemente, disfrazarse para poder así interrelacionarse dun xeito diferente.

Función socializante:

Desenvolver a interrelación creativa dos individuos entre sí e co seu medio.      

Función terapéutica:

Liberar tensións psico-físicas tanto individuais como interpersoais, permitindo así o afloramento de expresións e conductas que, doutra forma, sería difícil que saíran á superficie.

Función creativa:

Potenciar a libre expresión creativa do individuo con respecto a sí mesmo e a súa visión do entorno.

Crear un clima colectivo:

Onde a relaxación e a confianza darán pé a expresión creativa.

Elementos:

  • Decorativos e transformadores do espacio.
  • Teatrais : vestuario, máscaras, estructuras...
  • Tradicionais : cancións, músicas, danzas...
  • Artísticos : dramaturxia (personaxes e situacións), voz...
  • Plásticos : pintura, astros...
  • Naturais : auga, lume, millo, canas...

As sesións:  

Cunha duración aproximada de 20 h., estarían en relación coas diferentes festas do ano :

Entroido: 

a)  Creación de dous bandos : Don Carnal de Dona Coresma
b) Elaboración de máscaras
c) Danzas con elementos (espantallo, estandartes, etc.)
d) Esquema dramático

Laberinto-romeiría:

a) Creación dun espacio sorpresa que se percorre en pequenos grupos e nos que se desenvolven actividades como :
        música
        elementos naturais
        cancións
        pintura, etc.

b) Romeiría : onde tódolos grupos se reúnen en torno ó lume e a música
c) Relaxación coa axuda dun clima sonoro

Creación duna historia :

a) Narración da historia entre todos
b) Desenvolvemento das personaxes

San Xoán  :

a) Construcción de estructuras de bimbio.
b) Decoración das estructuras feitas : froles, macramé, etc.
c) Queima

Prácticas:

Encontro en torno a unha comida :

  • Transformamos o espacio para a festa
  • Utilización e transformación dos elementos (durante e despois do xantar)
  • Narración de contos, lendas, cancións, etc., utilizando sempre os distintos elementos

 

 

web stats

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Google