Encuentros con los Mayores
-
Introducción :
Hai algún tempo nos propuxemos a idea de enfocar o noso traballo teatral e parateatral cara as persoas de idade avanzada.
Analizando as características deste sector de poboación e dos seus centros sociais, botamos en falta actividades culturais dinámicas, é dicir, aquelas por medio das que poideran expresar as súas raigames culturais e poñelas en relación cos seus compañeiros-as de convivencia.
Ó longo da nosa experiencia e dos contactos con persoas maiores, así como da observación de conductas e festas tradicionais, tiramo-la conclusión de que a narrativa oral, o canto e a danza foron sempre elementos vivos e motivadores da nosa cultura e da comunicación, tanto entre aqueles como entre as persoas máis novas.
Dispuxémonos, daquela, a montar un espectáculo con tres elementos básicos :
-
Narracións
-
Cancións
-
Baile
Habería de ser un espectáculo aberto e participativo.
Aínda máis, a nosa intención primordial era eliminar o concepto de espectáculo e reduci-la experiencia ó encontro entre eles, os-as mayores, e nós, as actrices e actores.
Mais conscientes de que esta tarefa habería de ser longa no tempo, decidimos levar a cabo un a modo de mixtura entre espectáculo e encontro.
Tal espectáculo non foi concebido dende un estilo convencional no que os espectadores foran meros elementos pasivos se non coma un todo conxunto onde todas e todos fósemos parte fundamental.
Para conseguilo sería preciso espertar a necesidade de comunicación, de expresión, algo que fixese saltar a faísca, esquecer a cotidianidade e penetrar no plano creativo.
A.1. O espacio
A elección do espacio onde se habería de desenvolver o encontro era un punto importante a resolver, xa que tería que ser un lugar recoñecible e habitual para os-as participantes. Así pois, decidimos achegarnos ós seus centros sociais e ós seus espacios máis frecuentados : cafetería, sala de reunións, de actividades, etc.
Igualmente importante era a distribución do espacio escénico : as actrices e actores haberíamos de estar no medio do público, conseguindo, desta forma, un contacto máis directo. Non hai, así pois, un espacio exclusivo do actor nin un espacio exclusivo do espectador.
Queríamos un espacio propio, mais transformado para o encontro : coñecido pero distinto, amigo pero non cotiá.
Para a transformación do espacio utilizamos varios tipos de elementos :
-
Decorativos (guirnaldas, etc.)
-
Teatrais : vestuario, candeas, teas, estandartes., etc.Elementos presentes durante toda a actividade e que son utilizados en diferentes momentos da mesma.
-
Técnicos : focos (a iluminación axuda a crear ambientes diferentes en cada circunstancia), aparatos de música, etc.
Tódolos elementos son manexables e cómodos, fácilmente adaptables ós diferentes espacios.
A.2. O espectáculo
O seguinte problema era como conseguir canalizar a enerxía dun número determinado de persoas cara ó fin que percurábamos : a participación.
Decidimos ofertar primeiro un espectáculo teatral no que se traballasen as claves da linguaxe a utilizar máis adiante, xa na segunda fase da sesión : cancións, música, bailes, poesía, etc., espertando así a necesidade de entrar en contacto entre elas-es mesmas-os e con nós
A montaxe teatral, de 1 h. de duración, consta de tres partes :
-
Na primeira e terceira se narra unha historia na que se manexan temas e situacións recoñecibles e evocadoras da súa xuventude, mesmo da dos seus propios pais : festas, romeirías, primeiros encontros amorosos, emigración, retorno, reencontros , voda, etc. Todo contado con delicadeza e humor, onde cancións, música, danza e poesía, son parte fundamental do fío narrativo, non contado este de forma excesivamente realista ou anecdótica, senón a traverso de pequenas pinceladas que os transporten ó espello onde se reflicten situacións xa vividas por elas e eles e contadas por dúas romeiras de corte valleinclanesco.
-
A segunda parte contrasta coas outras dúas ó provocar o riso por medio de accións rápidas protagonizadas por estes personases valleinclanescos : a coxa e a cega, romeiras que subsisten coas súas picarescas e pedigüeñas andanzas no mundo poético dos protagonistas,dándolles ese aspecto de farsa e distorsión, como a outra cara da moeda dunha mesma realidade.
A.3. O encontro-festa :
A segunda fase do encontro ten lugar ó finalizar a representación dos actores e actrices : a festa.
Escomézase coa celebración da “Queimada” do augardente : lume central, persoas axudando a cortar a froita, a queimar o azucre... Tarefa compartida que vai acompañándose dunha coñecida canción, xurde un acorde dun violín, un compás de acordeón, alguén quere bailar e o actor, veloz, acompañaa-o, alguén cantaruxa unha canción e a actriz, rapidamente, o apoia ; pouco a pouco, entre lumes e vapores, entramos nun clima no que se integran todas-os.
Rómpese o espacio-espectáculo para entrar no espacio-celebración.
Pode haber momentos de comunicación máis reservada, onde alguén conta unha anécdota nun pequeno círculo ; daquela, os actores e actrices, sen forzar, fan fluir as manifestacións, dende as colectivas ás individuais, sen facer decrecer o o benestar.
-
Obxetivos do espectáculo-encontro :
B.1. Dar a xusta importancia cultural a cada idade
A vida social da maioría dos anciáns desenvólvese nos centros sociais para a “terceira idade”, asilos ou residencias, etc. As actividades máis habituais nestes lugares son : ler a prensa, ver a tv, charlar, os xogos de mesa ou (non sempre) a asistencia a obradoiros e cursiños programados. Moi rara vez as actividades artísticas, entendidas estas como potenciadoras da súa propia expresión, tanto persoal como colectiva e a súa interrelación creativa, forman parte desta programación.
As actividades ás que facemos referencia darían froitos a longo prazo e deberían formar parte da programación cultural continuada nos centros. Entendemos que é un traballo a relizar por animadoras-es socioculturais con formación previa neste terreo. Daí a importancia que nós coidamos que ten o feito de que estean presentes e colaboren en todo o desenvolvemento da nosa proposta.
B.2. Función de integración e relación :
As peculiares características das idades destas persoas merecen unha atención especial tanto no que atinxe os aspectos materiais, como os humanos, e son precisamente as persoas coas que están en contacto e traballan con elas e eles as que deben procurar este coidado, axudarlles na súa integración no grupo e potenciar as relacións sociais e afectivas ; as actividades creativas poden axudar neste labor integrador e comunicativo.
B.3. A procura da comunicación :
Neste eido será moito máis doado a utilización de medios expresivos ben coñecidos por elas e eles : cancións, lendas, bailes, música.
B.4. A procura do achegamento entre as distintas idades :
Entablar unha comunicación, por exemplo, entre anciáns e nenas-os, utilizando cada ún os seus propios medios para responder ós estímulos recibidos.
Para levar a cabo esta segunda fase sería necesario un traballo máis prolongado, tanto cos pequenos como cos maiores, antes de abordar o encontro entre ambos.
-
Metodoloxía :
C.1. Elaboración do espectáculo :
-
Percura de temas.
-
Recopilación de material : textos, poemas, músicas, etc.
-
Traballo de improvisación dos actores e actrices con todo o material recollido.
-
Ordeamento e montaxe teatral de todos os momentos interesantes que foron xurdindo durante as improvisacións.
-
Fíxase por último o fío narrativo e comezan os ensaios.
C.2. Aplicación do espectáculo-encontro :
-
-
Programación previa :
-
Antes do encontro visitamos o centro para ver as instalacións, elexir o espacio definitivo, coñecer ós/ás responsables (fundamentalmente a/o animador sociocultural) e discutir os preparativos previos.
Outra tarefa importante é a de entablar un primeiro contacto coas persoas que asisten normalmente ó centro : coñecer as súas peculiaridades, saber quen sabe tocar algún instrumento musical, quen ten facultades para o canto, a narración, etc., tratando, desta forma, de que formen parte activa, no seu momento, do espectáculo.
-
-
Percura da participación durante o desenvolvemento da actividade :
-
Con tempo de antelación suficiente, nos trasladamos ó centro para realizar tódolos preparativos : distribución de sillas, colocación de guirnaldas, focos e os restantes elementos que imos utilizar.
Dende a preparación do espacio ata a “festa” final tentamos que os alí presentes se unan a nós e tomen parte activa no encontro.
Fíxase unha hora de inicio e :
-
-
Comeza a “festa” :
-
Aquí as propostas dadas polo público (case sempre inducidos polos actores e actrices) son o eixo sobre o que se vai xirar.
As propostas de actrices e actores, tanto as xa dadas anteriormente, como as que seguen a dar dende un plano menos protagonista, actúan como catalizadoras, é dicir, teñen o fin de activar o mecanismo de arranque desta comunicación e intercambio.







