ESCUELA VAGALUME

www.teatrovigo.es

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Organización de Festejos Ciudadanos

 

Obxectivos:

 

  • Desenvolver a creatividade e o nivel de estructura dramática nas festas de sempre:

    • Os profesores traballan conxuntamente cara a que os participantes integren, dun xeito creativo, a literatura galega e a universal, con outras áreas creativas (Teatro, música, plástica), de maneira que poidan, a través de pequenos conta-contos, porse en contacto cos outros participantes da festividade, a través da festa espectáculo que se realizará nos lugares mais axeitados do seu entorno.

  • Sensibilizar aos cidadáns á arte contemporánea, achegándoo á transversalidade no arte, onde as distintas disciplinas (literatura, historia, música, pintura, escultura) se engarzan no seu mundo imaxinario.

  • Capacitar ós participantes do obradoiro no traballo en equipo.

  • Potenciar a sociabilidade dos participantes, abrindo os obradoiros ó seu entorno a través do espectáculo-festa final.

 

METODOLOXÍA

 

Os obradoiros serán dirixidas ós cidadáns interesados nos obradoiros encaminados á realización das festas.

 

As sesións dividiranse en tres partes:

 

  • Unha que oscilará entre os 40 e 60 minutos, onde se traballarán as narracións e xogos dramáticos, rompendo a vella estructura espectáculo “carta parede” a través do uso de estructuras móviles, coma un pequeno barco itinerante, que permita o tratamento do espacio dun xeito mais vivo.

  • A segunda parte, realizaranse no laboratorio de plástica ou de música, coordinados polos profesores especialistas, onde se realizarán actividades manuais e ensaios musicais que teñan que ver coa temática do conto. A duración será de 30 a 40 minutos.

  • Ensaio conxunto de todos os participantes, cara ó espectáculo-festa final.

 

 

A estructura da proposta permítenos traballar cun máximo de 15 participantes por aula, e como temos tres aulas (teatro, plástica, música), o número total de asistentes podrá ser de 30 a 45.

 

PROGRAMA

 

Para a elaboración do espectáculo-festa a través das 30 horas que duran os obradoiros, faremos as seguintes actividades:

 

  1. Búsqueda de temas

  2. Recopilación de material: textos, poemas, música…

  3. Traballo de improvisación dos participantes con todo o material escollido.

  4. Ordenación e montaxe festivo-teatral de tódolos momentos interesantes que xurdiron durante as improvisacións.

  5. Por último, fíxase o fío narrativo e se ensaia.

 

Ademáis, levaremos a cabo os seguintes talleres:

 

  1.  
    • Confección dos elementos escenográficos

    • Confección do vestiario e máscaras

    • Aplicación do espectáculo-festa

 

CALENDARIO

 

Cada sesión tendrá unha duración de 90 minutos.

A temporalización das sesións, sería da seguinte forma:

 

  • 1 sesión preparatoria

  • 5 sesións de dramaturxia e montaxe

  • 2 sesións de plástica

  • 1 sesión de ensaio xeral

  • 1 sesión pública.

 

Dende a preparación do espectáculo-festa final, tentaremos conseguir a participación do mayor número posible dos membros da asociación o barrio.

 

A unha hora fixada de antemán, comenzará a festa-espectáculo, onde se alternarán en diferentes partes do espacio, sketchs das accións teatrais, dos actores e dos membros do Centro.

 

Exemplo: Chega o Maio que levado en andas polos compañeiros, se encontra coa primaveira , mentras todos corean “Maio, Maio, Maio florido …” Continúa a festa (A queimada, a quema do meco…) e contínuase a entrelazar accións dramáticas, creándose unha estructura aberta de teatro-festa participativa.

 

A duración total en horas para a equipa de actores, é de 30 horas de obradoiros e 4 horas de Espectáculo-festa, e para o Director artístico, sumaríanse 15 horas máis, para labores de coordinación e programación.

 

web stats

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Google