ESCUELA VAGALUME

www.teatrovigo.es

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

 

LITERATURA E CREATIVIDADE NO ENSINO

Obxectivos

  • Desenvolver a interdisciplinariedade no ensino:
    • Os profesores traballan conxuntamente cara a que os alumnos integren, dun xeito creativo, a literatura galega e a universal, con outras áreas creativas (Teatro, música, plástica), de maneira que poidan, a través de pequenos conta-contos, porse en contacto cos outros alumnos do centro, e inclusive, cos lugares do seu entorno.
  • Sensibilizar ao escolar á arte contemporánea, achegándoo á transversalidade no arte, onde as distintas disciplinas (literatura, historia, música, pintura, escultura) se engarzan no seu mundo imaxinario.
  • Capacitar ós ensinantes no traballo en equipo.
  • Potenciar a sociabilidade dos alumnos, abrindo as aulas ó seu entorno escolar, a través dos conta-contos.

Metodoloxía

Os obradoiros serán dirixidas ós mestres e profesores de ensino primaria, secundaria .

    As sesións dividiranse en dúas partes:

  • Unha que oscilará entre os 40 e 60 minutos, onde se traballarán as narracións e xogos dramáticos, rompendo a vella estructura espectáculo “carta parede” a través do uso de estructuras móviles, coma un pequeno barco itinerante, que permita o tratamento do espacio dun xeito mais vivo.
  • A segunda parte, realizaranse no laboratorio de plástica ou de música, coordinados polos profesores especialistas, onde se realizarán actividades manuais e ensaios musicais que teñan que ver coa temática do conto. A duración será de 30 a 40 minutos.


Para cada conto, cinco na súa totalidade, adicaránse 3 días de obradoiro. A totalidade das sesións, serían 15 días, máis unha de preparación e outra de conclusións.

A estructura da proposta permítenos traballar cun máximo de 15 profesores por aula, e como temos tres aulas (teatro, plástica, música), o número total de profesores, sería de 30 a 45.

A proposta dos obradoiros podese facer con profesores de un solo centro educativo o dirixirse ós profesores de diferentes colexios e institutos da mesma provincia, e para que se produzca a interdisciplinariedade, sería aconsexable que asistisen un mínimo de tres profesores de diferentes áreas educativas

O máximo de centros docentes sería de 15 e o mínimo, de tres.

Introducción ós contos

Plantéxanse as sesións “Conta-contos” para o ensino, coma unha viaxe a través de temas básicos na literatura universal, encravados no imaxinario infantil e xuvenil, ata os nosos autores galegos. Tentaremos de crear unha estructura transversal desde a universalidade temática, ata a idiosincrasia das nosas raíces culturais, desde Ulises viaxando, enfrentándose ó irresistible canto das sereas, pasando polo mundo de Alicia no País das Marabillas, ata os emotivos contos de Andersen, onde as forzas máxicas da natureza, son vencidas polo sentimento e amor que desexa a frialdade da razón sen razón.

A partir dos míticos contos da nosa cultura europea, chegamos ata os nosos autores galegos, como Castelao, lembrando o seu mundo xuvenil no seu conto “Sabela”, ata a fantástica narrativa de Álvaro Cunqueiro, que no seu libro “Un home que se parecía a Orestes”, parte do personaxe Orestes para chegar a un contramítico valor, tan actual por outra parte como é a inutilidade da vinganza.

Todos estes conceptos, (super-obxectivos dramáticos), aparentemente abstratos, plasmaranse en narracións e pequenas estructuras dramáticas, comprensibles para os escolares, e que, ó mesmo tempo, poidan traballar con elementos plásticos dinámicos, capaces de manter a súa atención e interés. Tamén ensinaremos a creación de climax a través da música e elementos visuais como proxeccións e diapositivas.

As sesións as farán os profesores dos obradoiros cos mestres e profesores de ensino primaria e secundaria.

 

web stats

Share to Facebook Share to Twitter Share to Linkedin Share to Myspace Share to Google